Obra póstuma. Oportuna , necesaria e imprescindible. É a súa primeira e única achega á narrativa da que temos constancia; un texto que é unha biografía emocional dunha infancia que nos conta cunha visión infantil, de cando ela tiña sete anos. Unha descuberta dunha sensibilidade magnífica. Un acontecemento literario acompañado dunha grande ilustradora como Luz Beloso.
Neste caso que significa "póstuma"?
Que naceu despois da morte de seu pai.
Que foi publicada despois de falecer o autor
Neste caso que significa "póstuma"?
Que foi publicada despois de falecer o autor
CURIOSIDADES QUE APARECEN NOS CONTOS DE "NON TE AMOLA"
O 1ª conto titúlase Agora na primavera fixen nove anos. Nel di : Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro "Kibín u ibo" (Escribin un libro). ... Tamén nos conta que ler en portugués está chupado. LER MÁIS
O 2º Andei investigando que facer – Os poetas parecen algo máis coitadiños. Ou aguantan máis sen falar, calados. Porque os novelistas esbardallan un montón. ... Algúns escritores non fan novelas, nin poesía. Escriben do que saben. ¿Va que parece máis serio? Pois coñezo un deses perigosísimo. Sabe de bioloxía. Escribe de coellos, e cabras, e cabaliños do demo. Pero é perigosísimo. Ten a manía de levar sempre algo de calquera sitio onde entra. ... Se non despiste me leva a Lula , ¿que?. Mamá di que un libro ten que ter un inicio e un final. O meu libro non ha de ter ni comezo nin final. Vou escribir as miñas experiencias... Mesmo unha mentira que se me ocorra pode ser o mellor do día. LER MÁIS
Xela dí que os libros teñen que ter un inicio e un final