Thank you for trying out H5P. To get started with H5P read our getting started guide

O día 25 de outubro, o equipo de delegados e subdelegados do IES Poeta Díaz Castro, recentemente creado, recibiu a primeira sesión de formación, a cargo de Aventeira Coop.

Na sesión traballaron contidos relacionados coas funcións de delegado, cos sentimentos que produce a responsabilidade ligada ao cargo e coas características que fan dunha persoa un bo candidato a este labor.

Rapaces e rapazas, mediante dinámicas, estableceron a súa primeira toma de contacto co resto do Equipo de Delegados, axudados polo Departamento de Orientación e a Xefatura de Estudos.

Estas son algunhas imaxes do día.